Glosario
Glosario
Hidratos de carbono
-
Definición:
-
Moléculas que conteñen os alimentos das cales obtemos enerxía.
-
Exemplo:
-
Os hidratos de carbono son importantes para o funcionamento do cerebro.
Azucre
-
Definición:
-
Substancia doce composta principalmente por glicosa.
-
Exemplo:
-
O azucre proporciona enerxía, pero é importante non abusar del.
Graxa
-
Definición:
-
Substancia con alto valor calórico.
-
Exemplo:
-
As graxas vexetais adoitan ser máis saudables que as graxas de orixe animal.
Proteína
-
Definición:
-
Substancia imprescindible na formación de tecidos.
-
Exemplo:
-
É importante consumir proteínas para ter ósos e músculos fortes.
Tira do fío...

Alimentación saudable! Aprende a coidar da túa saúde empregando as etiquetas nutricionais e as proporcións do Prato de Harvard.
Audio
Para comer ben hai que vestir "de etiqueta"
Agora xa sabes o que son as etiquetas nutricionais e vas poder botar man delas para escoller aqueles alimentos máis saudables e incluílos no teu plan perfecto. Como as cantidades que aparecen nesas táboas son difíciles de imaxinar, pincha no enlace á páxina sinazucar.org para observar a cantidade de azucre que hai dentro das merendas máis habituais nos coles. Demasiado azucre, verdade? No pavillón vas ter a oportunidade de converter unha merenda repleta de azucre nunha merenda saudable xogando coas etiquetas nutricionais. A por ese traxe de etiqueta!!!
Lectura facilitada
Agora xa sabes que son as etiquetas nutricionais.
Grazas a elas, podes escoller alimentos máis saudables
e facer un plan de comida perfecto para ti.
As etiquetas amosan cantidades de azucre, graxa ou fibra.
Pero ás veces, esas cantidades son difíciles de entender.
Por iso, podes visitar a páxina web sinazucar.org.
Alí verás cantos anacos de azucre teñen as merendas que moitos nenos e nenas levan ao cole.
Hai demasiado azucre, verdade?
No pavillón terás unha actividade divertida.
Poderás cambiar unha merenda con moito azucre por outra máis saudable.
Farémolo xogando coas etiquetas nutricionais.
Audio
Bo proveito!
Anteriormente nesta aventura, coñeciches o Prato de Harvard. Chegou o momento de que empregues estas proporcións para as comidas que incluirás no teu plan perfecto. Antes de nada, bótalle unha ollada á seguinte explicación do Prato de Harvard, na que hai moita información de como crear pratos saudables. Agora si, xa tes todos os coñecementos necesarios! Consigue alimentos superando desafíos cooperativos para poder elaborar as combinacións culinarias máis beneficiosas para a túa saúde!

Lectura facilitada
Xa coñeces o Prato de Harvard.
Aprendiches nel como debe estar repartida a comida no prato.
Agora é o momento de usar esa información
para facer as comidas do teu plan perfecto.
Le con atención a seguinte explicación sobre o Prato de Harvard.
Alí vas atopar moita axuda para crear pratos sans.
Xa tes todos os coñecementos que necesitas.
Agora toca poñelos en práctica!
Conseguirás alimentos para crear pratos saudables superando retos en grupo!
Audio
Rosco sen azucre
Completa a palabra que se corresponde con cada unha das letras!