Para que un plan funcione, temos que seguilo!!
Agora que xa tedes o voso Plan Perfecto elaborado, é momento de dalo a coñecer ao resto da clase e á comunidade educativa. Realizaredes unha pequena exposición na que debedes explicar os seguintes puntos:
- Os hábitos non saudables que identificaches nas vosas familias ao principio da situación de aprendizaxe.
- O proceso de elaboración do voso plan.
- O formato que empregaches para elaboralo e difundilo (texto dixital, debuxo, medios audiovisuais...).
- Como o ides a poñer en práctica coa vosa familia.
Normas
Durante unha presentación, a parte do alumnado que non participa, debe prestar atención á explicación dos seus compañeiros e compañeiras. Finalmente, se hai un espazo para preguntas ou para achegas faranse, sempre, dende o respecto e respectando as quendas de palabra.
Lectura facilitada
Agora que xa tedes o voso Plan Perfecto, é momento de dalo a coñecer.
Realizaredes unha pequena exposición na que debedes explicar:
Os hábitos non saudables que identificaches nas vosas familias ao principio.
O proceso de elaboración do voso plan.
O formato que empregaches para elaboralo e difundilo.
Como o ides a poñer en práctica coa vosa familia.
Normas
Durante a presentación o alumnado que non participa debe prestar atención.
Se hai un espazo para preguntas faranse dende o respecto e respectando as quendas.
Audio
Saúde en comunidade
Ademais de compartir o Plan Perfecto cos compañeiros e compañeiras de clase, necesitamos que chegue ao máximo número de persoas posible. Para iso, debemos facer uso das ferramentas que temos á nosa disposición para que este plan chegue a toda a comunidade educativa e que teñan a oportunidade de poñelo en práctica e mellorar o seu estilo de vida!
Podes colocar o produto final na páxina web do cole, nun blog que utilicedes habitualmente, pedirlle ao profesorado que o suban ás redes sociais do centro, á canle de YouTube, entre outras. Non ten que facerse soamente na rede, tamén se pode por outras vías: unha presentación na biblioteca, unha xornada de convivencia coas familias na que explicades o plan...
Calquera proposta que sirva para difundir saúde é sempre unha boa idea!
Lectura facilitada
Xa tedes feito o voso Plan Perfecto.
Agora é importante compartilo cos demais.
Primeiro, podedes presentalo na clase
para que todos os compañeiros e compañeiras o coñezan.
Tamén queremos que chegue ao maior número de persoas posible.
Podedes usar varias ferramentas:
Subilo á páxina web do colexio.
Compartilo nun blog da aula ou do centro.
Pedirlle ao profesorado que o publique nas redes sociais do colexio ou na canle de YouTube.
Tamén o podedes compartir fóra de internet:
Facer unha presentación na biblioteca do centro.
Organizar unha xornada de convivencia coas familias onde expliquedes o voso Plan Perfecto.