Glosario
Medios dixitais
-
Definición:
-
Son aqueles que precisan dun ordenador, tablet, móbil, cámara de vídeo...
-
Exemplo:
-
Fixemos un programa de TV ca cámara de vídeo do cole.
Medios manuais
-
Definición:
-
Son aqueles que precisan dos materiais escolares tradicionais: folios, cartolinas, cores, tesoiras, pegamento...
-
Exemplo:
-
En plástica fixemos un collage co noso material escolar.
Formato
-
Definición:
-
É o estilo ou forma de presentación dun traballo.
-
Exemplo:
-
Fixen un traballo en formato dixital porque me gusta moito a informática.
Fiando fino
Con todos os fíos de cores que tes, imos a polo último reto cooperativo: "Elaborar o Plan perfecto". Vas ter que fiar fino porque van ter que aparecer nel, as recomendacións básicas cos hábitos saudables que aprendiches.
Poderedes utilizar os medios dixitais e manuais que hai no cole: ordenadores, radio, cámaras de vídeo/foto, cartolinas, rotuladores, revistas, libros, contos... para que poidades facelo ao voso gusto.
Compartirédelo co resto da comunidade educativa para que todas as familias poidan gozar dunha vida máis activa e saudable.
Lectura facilitada
Tes que fiar fino todo o que aprendiches porque estás no reto final.
Co teu equipo cooperativo vas ter que: "Elaborar o plan perfecto".
Nel teñen que aparecer todas as recomendacións e hábitos saudables que aprendiches.
Este plan compartirase con todas as persoas da comunidade educativa.
Para facelo podedes utilizar medios dixitais e manuais cos que contamos no cole.
Dixitais como cámaras de vídeo ou foto, ordenadores, radio...
Manuais como cartolinas, rotuladores, goma eva, revistas, libros, contos.....
Cada grupo poderá elixir como facelo.
Audio
Formatos a elixir
De seguro que tendes un montón de ideas na vosa cabeza, pero ides ter que elixir entre estes 6 formatos:
Infografía
É un conxunto de imaxes acompañando pequenos textos informativos. Tamaño máximo A3.
Cartel publicitario
É un documento no que predomina a imaxe e ten pequenos títulos dando información relacionada coa imaxe. Tamaño máximo cartolina.
Folleto explicativo
Tamaño A4, dividido en dúas ou tres partes. En cada columna aparecen textos e/ou imaxes coa información de interese.
Álbum fotográfico
Conxunto de fotografías que dan a información necesaria, só acompañadas dun pe de foto. Pode presentarse de forma dixital ou en papel. Máximo 10 imaxes.
Vídeo didáctico
Pode ser dende un pequeno anuncio, unha entrevista, unha curtametraxe, unha serie de situacións/fotografías animadas....Duración máxima 2 minutos.
Podcast informativo
Se tedes radio no cole, podedes preparar unha pequena entrevista ou anuncio. Teredes que presentar os textos, en dixital ou por escrito, coas preguntas ou coas cuñas publicitarias que vaiades utilizar. Duración máxima 5 minutos.

INFOGRAFÍA
CARTEL
PUBLICITARIO
FOLLETO
EXPLICATIVO
ÁLBUM
FOTOGRÁFICO
VÍDEO
DIDÁCTICO
PODCAST
INFORMATIVO
Audio
Información de interese
Para elaborar o voso plan, ides ter que elixir cal vai ser a información básica que debe aparecer. Ás veces, non é doado decidir cal porque temos moita. Por iso, tedes aquí unha pequena guía para seleccionar os apartados máis importantes:
Lectura facilitada
Aquí tedes unha guía básica para elaborar o voso plan.
Os puntos que aparecen nela, teñen que estar no voso plan.