Glosario
Plan de mellora do Estilo de Vida Activa
-
Definición:
-
É un conxunto de propostas para mellorar os hábitos familiares e facer máis actividade física, comer mellor, beber máis auga...
-
Exemplo:
-
Agora que sabemos cales son os hábitos saudables, co noso plan de mellora, melloraremos a saúde de toda a familia.
Benestar
-
Definición:
-
É o conxunto de cousas que necesitamos para sentirnos ben.
-
Exemplo:
-
Sinto moito benestar cando estou coa miña familia de excursión.
Equipo cooperativo
-
Definición:
-
É un grupo de persoas que traballan xuntas para conseguir un obxectivo común e todas elas son necesarias para conseguilo.
-
Exemplo:
-
Nos equipos cooperativos todos se axudan e cada persoa cumpre a súa función.
Reto cooperativo
-
Definición:
-
É un pequeno problema ou desafío que hai que conseguir resolver entre todas as persoas que participan nel.
-
Exemplo:
-
Entre todas superamos o reto cooperando.
O reto a superar é...
A que estás un pouco sorprendido polos datos tan preocupantes que acabas de ver? O profesorado de Educación Física (EF) tamén. Por iso, temos unha misión urxente; un reto que pode cambiar vidas: deseñar un plan de mellora para ti e a túa familia. Con el, contribuiredes a ter un estilo de vida máis activo e saudable, e por tanto, mellorará a vosa saúde.
Pero ademais, vas traballar en equipo. Lembrando que, todas as persoas do equipo, son igual de importantes e necesarias para superar os retos cooperativos que vos van dar a información necesaria para o voso plan.
Vas contar coa axuda dun amigo: Ben Star, que vaiche dar os fíos dos que tirar, para chegar a información que vas necesitar. Imos aló!
Lectura facilitada
Os datos sobre a saúde son moi preocupantes.
Ao profesorado de Educación Física tamén nos preocupa moito.
Temos unha misión urxente:
Deseñar un plan de mellora da saúde para ti e a túa familia.
Contribuiredes a ter un estilo de vida máis activo e saudable.
Conseguindo mellorar a vosa saúde.
Para facelo, vas ter un amigo: Ben Star.
Axudarache conseguir a información que necesitarás.
Ademais, vas traballar en equipo.
Todas as persoas do equipo son necesarias para poder superar os retos cooperativos.
Xuntos conseguiredes a información para deseñar o voso plan.
Imos aló!