Glosario
Urxencia sanitaria
-
Definición:
-
Situación que pon en perigo a saúde dunha persoa.
-
Exemplo:
-
A febre subiu tanto que ocasionou unha urxencia sanitaria.
Servizo sanitario
-
Definición:
-
Conxunto de profesionais e recursos sanitarios para atender problemas de saúde.
-
Exemplo:
-
Sufriu unha caída que obrigou a chamar aos servizos sanitarios.
Inconsciente
-
Definición:
-
Perda da consciencia, incapacidade de responder a estímulos.
-
Exemplo:
-
O golpe na cabeza deixou a persoa inconsciente.
Pulso
-
Definición:
-
Cada latido que fai o corazón para bombear sangue.
-
Exemplo:
-
A carreira aceleroulle o pulso.
Siglas que salvan vidas
Existen unha serie de actuacións que tes que coñecer para poder axudar á xente ante unha situación de urxencia sanitaria.
É posible que nalgún momento da túa vida teñas que socorrer a alguén sufriu un accidente, cando isto ocorre, é moi importante manter a calma para aplicar do mellor xeito posible as pautas de actuación. O coñecemento e seguimento destes pasos axudaranche a ofrecer a mellor axuda posible e da forma máis segura.
Pon a proba os teus coñecementos elixindo unha das seguintes tarefas onde terás que amosar canto sabes sobre os primeiros auxilios:
Lectura facilitada
Existen unha serie de actuacións que tes que coñecer para poder axudar á xente ante unha situación de urxencia sanitaria.
Nalgún momento da túa vida pode ser que teñas que socorrer a alguén.
É moi importante manter a calma.
O seguimento destes pasos axudaranche a ofrecer a mellor axuda posible e da forma máis segura.
Pon a proba os teus coñecementos.
Elixe unha das seguintes tarefas para amosar canto sabes sobre os primeiros auxilios:
Audio
Opción A - Conduta PAS ante unha persoa inconsciente
Como se dixo anteriormente, cando unha persoa sofre un accidente, debemos de actuar seguindo uns pasos que se recomendan para que a nosa actuación poida a axudar ao accidentado ou accidentada da forma máis segura posible procurando non empeorar a situación.
A continuación tes que ordenar os pasos que deberías seguir se te atopas nunha situación na que unha persoa perde o coñecemento.
- Manter a tranquilidade antes de actuar.
- Protexer ao accidentado e ás persoas que interveñan.
- Oír, ver e sentir se a persoa respira.
- Avisar a unha persoa adulta se é posible.
- Chamar ao teléfono de Emerxencias (112 ou 061).
- Se respira e ten pulso pero segue inconsciente colocar a vítima en posición lateral de seguridade.
- Esperar a axuda dos servicios sanitarios mantendo a comunicación se fose preciso.
Opción B - Elixe a opción correcta
Opción C - Saberías actuar cando unha persoa perde a consciencia?
Escribe as palabras que faltan nos ocos ante os pasos a seguir nunha urxencia onde a persoa accidentada perda o coñecemento: