Glosario
Hixiene
-
Definición:
-
É unha parte da medicina que preocupase da conservación da saúde e a prevención de enfermidades.
-
Exemplo:
-
Unha boa hixiene axuda a estar máis san.
Xermes
-
Definición:
-
Son microbios, seres microscópicos, que poden causar infeccións e enfermidades.
-
Exemplo:
-
Hai que ducharse todos os días para eliminar os xermes que quedan ao longo do día na nosa pel.
Tira do fío...

Hixiene! Aprende a coidar da túa saúde a través da hixiene persoal e da hixiene postural.
Audio
Hixiene persoal
A hixiene persoal ten que ver co coidado do teu corpo: a limpeza e o aseo persoal.
Debemos ter unha boa hixiene porque, todos os días, estamos en contacto con millóns de xermes e virus que poden enfermarnos. E unha boa hixiene persoal, axudaranos a previr enfermidades.
Os hábitos hixiénicos persoais básicos son:

Ducharse regularmente, incluíndo o lavado dos cabelos.

Lavar as mans con frecuencia.

Cortar as uñas.

Manter unha boa hixiene dos pés.

Lavar os dentes despois de cada comida.

Mudar a roupa e calzado con frecuencia.
Ademais, a sensación de limpeza fai aumentar a sensación de benestar persoal, físico e mental, e vai axudarche a poder ter unhas boas relacións sociais.
Lectura facilitada
A hixiene persoal é o coidado do teu corpo: a limpeza e o aseo persoal.
Por que debemos ter unha boa hixiene persoal?
Porque, todos os días, estamos en contacto con millóns de xermes e virus que poden enfermarnos.
Unha boa hixiene persoal, axuda a previr enfermidades.
A sensación de limpeza fai aumentar a sensación de benestar persoal.
E tamén contribúe a ter unhas boas relacións sociais.
Os hábitos hixiénicos básicos son:
- Ducharse regularmente, incluíndo o lavado dos cabelos.
- Lavar as mans con frecuencia.
- Cortar as uñas.
- Manter unha boa hixiene dos pés.
- Lavar os dentes despois de cada comida.
- Mudar a roupa e calzado con frecuencia.
Audio
Hixiene postural
A hixiene postural ten que ver coa postura na que colocamos o noso corpo cando facemos determinadas actividades como sentar, durmir, levantar pesos, estudar...
Para evitar posibles lesións e axudar a protexer as nosas costas e o lombo, debemos aprender a facelo ben.
A continuación tes un vídeo explicativo no que explican un pouco máis sobre este tema.
Lectura facilitada
A hixiene postural é a maneira en que colocamos o noso corpo cando facemos algunhas actividades.
Estas actividades poden ser:
sentar,
durmir,
levantar algo pesado,
estudar.
Se aprendemos a ter boa postura,
podemos evitar lesións
e coidar as nosas costas.
A continuación tes un vídeo explicativo.
Nel cóntanche máis cousas sobre a hixiene postural.