Glosario
Autoavaliación

-
Definición:
-
Valoración do traballo feito por un mesmo.
-
Exemplo:
-
Fixen unha autoavaliación do meu traballo nas clases de EF.
Coavaliación
-
Definición:
-
Valorar aos compañeiros e compañeiras nun traballo.
-
Exemplo:
-
A coavaliación serve para comentar o traballo dos compañeiros de equipo.
Rúbrica
-
Definición:
-
É unha táboa na que se valora o nivel de logro das aprendizaxes e traballos feitos feitos polo alumnado.
-
Exemplo:
-
Fixemos unha rúbrica sobre o que aprendimos das capacidades físicas básicas.
A túa autoavaliación
Durante estas clases, aprendiches a coidar a túa saúde e a do teu círculo formándote sobre alimentación, hixiene, descanso, primeiros auxilios e un montón de cousas máis. Estas aprendizaxes, servíronche para tecer o Plan perfecto, axudando á sociedade a non caer nos malos hábitos. De todas formas, todo plan chega ao seu fin e, neste caso, non pode ser doutra maneira. Neste apartado valorarás a túa propia aprendizaxe para así saber se pagou a pena desenvolver e poñer en práctica o noso plan.
A continuación, podes descargar a ficha de avaliación no formato que precises para cubrila:
Lectura facilitada
Durante estas clases aprendiches a coidar a túa saúde e a do teu círculo.
Formándote sobre alimentación, hixiene, descanso, primeiros auxilios...
Estas aprendizaxes, servíronche para tecer o Plan Perfecto.
Axudando á sociedade a non caer nos malos hábitos.
Neste apartado valorarás a túa propia aprendizaxe.
Saberás se pagou a pena desenvolver e poñer en práctica o noso plan.
Descarga a ficha de avaliación no formato que precises para cubrila:
Audio
Rúbrica de coavaliación
- Actividade
- Nome
- Data
- Puntuación
- Notas
- Reiniciar
- Imprimir
- Aplicar
- Nova xanela
| Fixémolo xenial porque... | Fixémolo bastante ben porque... | Custounos un pouco porque... | Temos que mellorar porque... | |
|---|---|---|---|---|
| Retos Cooperativos | Conseguimos todos os retos participando todos os integrantes do equipo (1) | Conseguimos case todos os retos participando todos os integrantes do equipo (0.75) | Nalgúns dos retos tivemos dificultades para poñernos de acordo (0.50) | Discutimos durante a realización dos retos e non fomos capaces de superalos (0.25) |
| Alimentación | Comprendemos sen dificultade a composición dos macronutrientes presentes nos alimentos, os grupos e tipos de alimentos que existen, así como as proporcións saudables que deben ir nos pratos que consumimos (2) | Temos unha idea xeral da composición dos macronutrientes presentes nos alimentos, os grupos e tipos de alimentos que existen, así como as proporcións saudables que deben ir nos pratos que consumimos (1.75) | Temos algunha dificultade para comprender a composición dos macronutrientes presentes nos alimentos, os grupos e tipos de alimentos que existen, así como as proporcións saudables que deben ir nos pratos que consumimos (1.25) | Non comprendemos a composición dos macronutrientes presentes nos alimentos, os grupos e tipos de alimentos que existen, así como as proporcións saudables que deben ir nos pratos que consumimos (0.75) |
| Benestar | Comprendemos sen dificultade aqueles aspectos que afectan positivamente no noso benestar (social, mental e físico). (2) | Temos unha idea xeral daqueles aspectos que afectan positivamente no noso benestar (social, mental e físico). (1.75) | Temos algunha dificultade para identificar e comprender aqueles aspectos que afectan positivamente no noso benestar (social, mental e físico). (1.25) | Non somos capaces de comprender nin identificar aqueles aspectos que afectan positivamente no noso benestar (social, mental e físico). (0.75) |
| Primeiros Auxilios | Comprendemos e somos capaces de levar a cabo sen dificultade técnicas básicas de primeiros auxilios como a Posición Lateral de Seguridade ou a secuencia PAS (Protexer, Avisar e Socorrer). (2) | Temos unha idea xeral de como de levar a cabo técnicas básicas de primeiros auxilios como a Posición Lateral de Seguridade ou a secuencia PAS (Protexer, Avisar e Socorrer). (1.75) | Temos algunha dificultade para levar a cabo técnicas básicas de primeiros auxilios como a Posición Lateral de Seguridade ou a secuencia PAS (Protexer, Avisar e Socorrer). (1.25) | Non somos capaces de levar a cabo técnicas básicas de primeiros auxilios como a Posición Lateral de Seguridade ou a secuencia PAS (Protexer, Avisar e Socorrer). (0.75) |
| Hixiene | Comprendemos sen dificultade a importancia dunha boa rutina de hixiene persoal e do sono para a nosa saúde. (2) | Temos unha idea xeral sobre a importancia dunha boa rutina de hixiene persoal e do sono para a nosa saúde (1.75) | Temos algunha dificultade para comprender a importancia dunha boa rutina de hixiene persoal e do sono para a nosa saúde (1.25) | Non somos capaces de comprender a importancia, nin de identificar as actividades básicas dunha boa rutina de hixiene persoal e do sono para a nosa saúde (0.75) |
| Elaboración do Plan Perfecto | Seguimos as indicacións da guía e tocamos todos os hábitos necesarios (1) | Seguimos as indicacións da guía e tocamos bastantes hábitos saudables (0.75) | Faltáronnos varios hábitos saudables por incluír no plan (0.50) | Non empregamos a guía de elaboración e non rematamos o plan (0.25) |