Glosario
Hábitos saudables
-
Definición:
-
Son rutinas ou comportamentos realizados diariamente e que son bos para a nosa saúde.
-
Exemplo:
-
Levar a cabo unha boa hixiene corporal é un hábito saudable.
Hábitos non saudables
-
Definición:
-
Son rutinas ou comportamentos realizados diariamente e que son prexudiciais para a nosa saúde
-
Exemplo:
-
Os alimentos procesados, o alcohol ou o exceso de pantallas son hábitos non saudables.
2.1. Buscamos conexións
Retoma as probas que había no sobre que atopou Ben Star (noticias do apartado 1.1. A saúde está en xogo) e reflexionade en gran grupo sobre a seguinte cuestión: cada hábito non saudable é independente ou existe relación entre eles?
Algunhas preguntas para encamiñar a reflexión
- Existe relación entre a obesidade e os ultraprocesados?
- Existe relación entre as pantallas e a obesidade?
- Existe relación entre o sedentarismo e a obesidade?
- Existe relación entre os ultraprocesados e as pantallas?
- Cres que uns hábitos non saudables incitan a comezar con outros?
Audio
Hábitos saudables... ou non tanto?
Agora que xa coñeces o que son os hábitos, tes que saber que todas aquelas cousas que facemos diariamente convértense en parte do noso estilo de vida, tendo efectos beneficiosos ou prexudiciais para a nosa saúde. Imos comprobar se sabes diferenciar entre os hábitos que son saudables e aqueles que non o son! Arrastra cada tarxeta ata a categoría que lle corresponde.